Xa que o sabes, voucho conta (e cantar) – Federico Pérez
Data 11 Marzo 2026 Hora 19:00 h Lugar Auditorio Lois Tobío Prezo 5€ Entradas dispoñibles ∞
Público Adulto Idade recomendada Idioma Galego Duración —
Sinopse
Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo. Este espectáculo pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con el. Vaia novidade, non? Un espectáculo de humor para que a xente ría. Pois si. Que pasa? Este espectáculo é a miña versión dos feitos. E de que feitos estou falando? Pois estou falando de cando eu nacín, de como me criei, da miña nai, de meu pai, de miña avoa, do lugar no que medrei, de onde estou agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vou chegar: a morte. Vou contar todo isto e tamén o vou cantar. Porque me gusta cantar. Mal, pero gústame. E, botando man de clásicos como The Beatles ou Frank Sinatra, conto e canto historias que me conmoven, que me fan graza, que me emocionan, que me escarallan…
Elenco
Federico Pérez
Ficha artística
Ficha técnica
NORMAS
Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso