Falemos como galegas
Data 25 de outubro 2026
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 230
Público Adulto
Idade recomendada
Idioma Galego
Duración —
Sinopse
Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?
“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.
María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.
As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc.
Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.
Elenco
María Campos
Carlos Yus
Ficha artística
Migallas Teatro
Ficha técnica
NORMAS
- Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
- Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
- As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
- A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
- Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
- As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso