Data 29 novembro 2026 Hora 19:00 h Lugar Auditorio Lois Tobío Prezo 5€ Entradas dispoñibles 227
Público Adulto Idade recomendada Idioma Galego Duración —
Sinopse
“Só unha de cada dez rúas ten nome de muller”. A partir desta noticia real As R(h)umorosas comezan a procura de mulleres ilustres galegas para actualizar os rueiros do noso país. As candidatas a ter unha rúa co seu nome teñen que demostrar a súa valía durante un peculiar proceso de selección. Nesta comedia orquestada por Carmen Méndez, Marta Doviro e Ledicia Sola, coñeceremos, entre rumor e humor, máis detalles das vidas destas mulleres galegas dun xeito diferente e divertido. As R(h)umorosas falan, cantan e bailan para dar vida a estas mulleres e serán tamén xuíz e parte nesta escolla
Elenco
Marta Doviro
Ledicia Sola
Camen Méndez
Ficha artística
Ficha técnica
NORMAS
Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso