O secuestro da Bibliotecaria

23/04/2023 19:00 Auditorio Lois Tobío

Data: 23 abril 2023

hora: 19:00

lugar: Auditorio Lois Tobío

Espectáculo: “O secuestro da Bibliotecaria”

Compañía: Sarabela teatro

Entrada: 0€ hasta completar aforo con reserva

Sinopse:

A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.

Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.

Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo.
Ficha Artística
Autora: Margaret Mahy
Dramaturxia e dirección: FINA CALLEJA

ELENCO

SABELA GAGO: Ernestina Luburnum r concelleira
FERNANDO DACOSTA: malferido malfeitor e secretario
NATE BORRAJO: Ilusa, nena dos xornais, concelleira
JOSITO PORTO: Paspán e comisario
ALFONSO MÍGUEZ: Iluso e alcalde de Parangón