Feminissimas
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo” …
Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminisimo.
Este é o eixo da creación colectiva de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a proba a amizade -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira -tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo -ademáis- parareflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra … moi violeta.