deseXo

09/02/2025 19:00 Auditorio Lois Tobío

deseXo é un espectáculo de nova creación, que nace a partir de inquedanzas xurdidas dentro da propia compañía.

En concreto a partir da seguinte pregunta: como afecta a pornografía ás nosas vidas?
Asesorados por unha especialista, a sexóloga Bárbara Penas, iniciamos un proceso de investigación que ten a súa culminación no foro-teatro que levamos a cabo en
varios centros de ensino secundario baixo o epígrafe: A pornografía na adolescencia.
Grazas a isto puidemos facer unha composición de lugar con respecto á actual situación da educación sexual na nosa comunidade.
O espectáculo está concibido como unha reflexión en ton cómico sobre a ausencia xeralizada desta formación, tanto no ámbito doméstico, como no marco formativo regrado; tamén sobre a súa substitución polo que se pode aprender na pornografía e nas redes sociais, coa consecuente aparición de malos hábitos, frustracións, estereotipos sexistas e unha excesiva presión á hora de manter relacións afectivo-sexuais.