Canto conto! 

18/05/2025 19:00 Auditorio Lois Tobío

Domingo 18 Maio ás 19:00 H
Luga Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Público Familiar
Duración: 45 minutos

Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.

Espectáculo especialmente deseñado para o público mais novo!

Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.

Desfruta aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.

O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.

Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En Canto conto! o xogo co público é fundamental.

Prepárate para unha experiencia única onde a música, o teatro, a manipulación de obxectos e o humor combínanse nun espectáculo versátil e adaptable a calquera espazo.

Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo mais ecolóxico e consciente!

 

Equipo

  • Elenco: Iván López e Brais Iriarte
  • Locucións: Maika Aguado
  • Dramaturxia e dirección:  Iván Davila e Brais Iriarte
  • Composición e produción musical: Brais Iriarte
  • Estudio de gravación das locucións: La luthería
  • Espazo escénico e escenografía: Noa Iriarte
  • Iluminación: Javi Quintana
  • Técnico de son: Chucho González
  • Axudante de escenografía: Lucía Sánchez López
  • Equipo de produción:  Brais Iriarte, Iván Davila e Crémilo
  • Deseño de cartel e deseño gráfico: Brais Iriarte e Lucía Sánchez