28/09/2026
En
As R(H)umorosas
29/11/2026 19:15 Auditorio Lois Tobío
Data 29 novembro de 2026
Lugar: Auditorio Lois Tobío
Hora 19:00
Prezo 5€
Público –
“Só unha de cada dez rúas ten nome de muller”. A partir desta noticia real As R(h)umorosas comezan a procura de mulleres ilustres galegas para actualizar os rueiros do noso país. As candidatas a ter unha rúa co seu nome teñen que demostrar a súa valía durante un peculiar proceso de selección.
Nesta comedia orquestada por Carmen Méndez, Marta Doviro e Ledicia Sola, coñeceremos, entre rumor e humor, máis detalles das vidas destas mulleres galegas dun xeito diferente e divertido.
As R(h)umorosas falan, cantan e bailan para dar vida a estas mulleres e serán tamén xuíz e parte nesta escolla