Abracadaver

12/05/2024 19:00 Auditorio Lois Tobío

Data 12 maio de 2024
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 2,50 €
Entradas dispoñibles 203
Público Teatro Familiar
Idade recomendada
Idioma Galego
Duración 50 minutos

Sinopse

Abracadaver é un espectáculo de circo terrorificamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show de rúa para todos os públicos. A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho… todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver.

 

Idea Orixinal Dani Blanco
Dirección Natalia Outeiro “Pajarito”
Elenco Dani Blanco
Vestiario María Dobronich
Música Zé Pumar
Imaxe Jesús Graña
Fotografía Prolight

Normas

Non se pode realizar pagamento das entradas en efectivo, nin sequera o día do espectáculo

Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é obrigatorio descargar o QR de cada unha das entradas

As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online

A apertura das portas e validación das entradas farase 30 min antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)

Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación

As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso