A cincenta que non quería comer perdices

26/04/2025 19:00 Auditorio Lois Tobío

Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Partimos da historia escrita por Nunila López Salmero para desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, para falar de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras. “A cincenta que non quería comer perdices” é un conto moderno que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo. É un alegato que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser.

 

O conto chama á porta de todas as idades porque todos son o espello da época na que foron escritos e porque falan dunha serie de arquetipos e temas que percorren a literatura popular e o noso imaxinario desde hai moito tempo. Por iso as relecturas que se están facendo desde hai anos son importantes, porque son unha invitación a redescubrir a forma en que se tratan temas como a curiosidade ou a independencia feminina, pero tamén a esa estraña obsesión con danar os pés das mulleres en diferentes contos.