Soños

Data 27 Outubro 2024
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5 €
Entradas dispoñibles 218

Público Adultos
Idade recomendada
Idioma Galego
Duración 60 min.

Sinopse

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos.

Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil. Soños é unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro.

Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade tutelada de xeito integral cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.

Elenco

Anxo Outumuro
Victoria Pérez
Sara Ferro

Ficha artística

Dirección Tamara Canosa

Ficha técnica

Texto Fernando Epelde
Diseño de iluminación Violeta Martínez
Escenografía Títeres Alakran
Espacio sonoro Jas Processor
Responsable técnico Iván Rodríguez
Dramaturxía e dirección Tamara Canosa

NORMAS