Sofá

Data 15 Decembro 2024
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 230

Público Adulto
Idade recomendada
Idioma 
Duración  60 min

Sinopse

A quen non lle gustan os domingos de sofá e manta? e de sofá e peli? A Marta e a Pablo, que se coñeceron bailando, con todo, vanlles máis as tardes de sofá e danza. De sofá e de teatro. De sofá e circo. De sofá e música. Son, poderíase dicir, unha parella normal… pero non. Porque… a quen se lle pode ocorrer que os problemas de desconexión pódense solucionar

facendo un espectáculo de danza cun sofá?
Marta Alonso e Pablo Reboleiro, desde logo, van tentalo. Porque as tardes en parella son para pasalas facendo o que a un máis lle gusta; e se é bailar, pois haberá que bailar. E se é dar pinchacarneiros, pois haberá que saltar e dar pinchacarneiros. E se é cantar, pois haberá que facelo forte e alto para que o escoite todo o público. E emocionarse, emocionarse moito; que con iso soña a arte cando se bota a durmir nas tardes de sofá e sesta.

​SOFÁ é unha sitcom de danza, con teatro, circo e música en directo

que fala dunha parella que podería ser a túa.

Elenco

Marta Alonso Tejada
Pablo Reboleiro

Ficha artística

Creación, interpretación e movemento Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro
Dirección e dramaturxia Marcos PTT
Dirección de movemento e coreografía Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin
Textos Daniel D. García, Marcos Petete, Déborah Vukusic

Ficha técnica

Espazo sonoro Mounqup, Pablo Reboleiro
Realización de escenografía Jose Perozo & Sandra Camalea
Estilismo Paula Quintas
Iluminación e Dirección Técnica Ángel Sousa
Espazo escénico martaalonsotejada
Atrezzo Carlota Mosquera

NORMAS