Non pasarán
Data 9 marzo 2025
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 221
Público
Idade recomendada >18 anos
Idioma Galego
Duración 90 min
Sinopse
Non Pasarán desenvólvese nun país/ lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán”, un chamado a non permitir a entrada de estraños nos fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e á comunidade.
Con todo, Cándido e a súa filla Ana acollen a unha misteriosa parella na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.
Elenco
Marcos Alonso
Rocío Salgado
Fernanda Barrio
Martín Maez
Ficha artística
Dirección Tito Asorey
Asistencia de dirección Anxo Fernández
Ficha técnica
Dramaturxia Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Deseño escenográfico e vestiario Carlos Alonso
Deseño de iluminación Laura Iturralde
Deseño de espazo sonoro Xavi Bértolo
Voz en off Melania Cruz
Produción Anxo Fernández
Deseño gráfico Patricia Portela (The Office Comunicación)
Fotografía Vanessa Rábade (The Office Comunicación)
Contidos Lucía Martínez (The Office Comunicación)
Videos promocionais Jairo Iglesias
NORMAS
- Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
- Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
- As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
- A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
- Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
- As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso