deseXo

Data 9 febreiro 2025
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 210

Público 
Idade recomendada >12 anos
Idioma Galego
Duración  70 min

Sinopse

Como foi a nosa educación sexual?
Estamos preparados para ter unha sexualidade sa?
Sabemos como afrontar as nosas relacións?
Somos capaces de educar ás próximas xeracións?
Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo?
Na pornografía? Nas redes sociais?
E que consecuencias ten formarse así?
Intentemos fixarnos nas publicacións, na música,
na publicidade…
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da
historia, pero na que todas estas cuestións seguen a
seren tabú.
deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto,
porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre
sexo.

O código do espectáculo é o dunha comedia, pois
cremos que cómpre ser conscientes da problemática
exposta, pero cun enfoque amable que nos permita
normalizar falar de sexualidade e enfocar a conversa
sen agresividade, polémica ou pudor

Elenco

Marta Ríos
Dani Trillo

Ficha artística

Asesoramento
BÁRBARA PENAS
Producción e distribución
AURI FERREIRO e ARTUR TRILLO
Autoría e dirección
DIEGO REY

Ficha técnica

Escenografía
VÍCTOR NÚÑEZ
Vestiario e maquillaxe
MARTINA CAMBEIRO
Iluminación
DANI TRILLO
Música orixinal
MANU ABRALDES

NORMAS