Canto Conto !
Data 18 Maio 2025
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 200
Público Familiar
Idade recomendada
Idioma Galego
Duración 45 min
Sinopse
Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.
Espectáculo especialmente deseñado para o público mais novo!
Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.
Desfruta aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.
O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.
Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En Canto conto! o xogo co público é fundamental.
Prepárate para unha experiencia única onde a música, o teatro, a manipulación de obxectos e o humor combínanse nun espectáculo versátil e adaptable a calquera espazo.
Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo mais ecolóxico e consciente!
Elenco
Iván López
Brais Iriarte
Ficha artística
Locucións Maika Aguado
Dramaturxia e dirección Iván Davila e Brais Iriarte
Composición e produción musical Brais Iriarte
Ficha técnica
Estudio de gravación das locucións: La luthería
Espazo escénico e escenografía: Noa Iriarte
Iluminación: Javi Quintana
Técnico de son: Chucho González
Axudante de escenografía: Lucía Sánchez López
Equipo de produción: Brais Iriarte, Iván Davila e Crémilo
Deseño de cartel e deseño gráfico: Brais Iriarte e Lucía Sánchez
NORMAS
- Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
- Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
- As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
- A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
- Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
- As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso