Soños
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil. Soños é unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro. Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade tutelada de xeito integral cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.