Data 12 Abril 2026 Hora 19:00 h Lugar Auditorio Lois Tobío Prezo 5€ Entradas dispoñibles 235
Público Adulto Idade recomendada Idioma Galego Duración 70 min
Sinopse
O curioso caso dunha familia con tres nais e un feixe de peculiares veciños. O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos mellores chistes de sempre. Isi é un habitual dos programas da Televisión de Galicia.
Elenco
Jose Manuel Rodríguez (ISI)
Ficha artística
Ficha técnica
NORMAS
Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso