Falade Galego rapazada … é unha pasada
Data 8 Marzo 2026
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 238
Público Adulto
Idade recomendada
Idioma Galego
Duración 60 min
Sinopse
ninguén lle escapan todos os problemas que están a ter as diferentes linguas para convivir nun mesmo entorno (sexa xeográfico, social,laboral…). Nalgúns casos incluso é complicada a mera subsistencia desas
linguas “minoritarias”, arrinconadas por políticas opresoras e costumes marxinadores. E por desgraza, o galego non se atopa nunha situación moito mellor. Aínda que vai tendo o seu oco en determinados eidos, como pode ser o cultural ou determinados medios de comunicación, precisa dun empurrón que o sitúe no nivel que merece. E isto, como outras moitas cousas, só se pode facer traballando desde a base. Todo se soluciona cunha educación axeitada, e a educación ten o seu maior impacto nos primeiros anos dos individuos. Polo tanto, é básico conseguir que as novas xeracións, a xuventude, exerza como valedor do noso idioma.
Pepo Suevos é natural de Ferrol, e alí nos anos 70 o galego tiña unha presenza case anecdótica. Como di el moitas veces, co galego pasoulle o mesmo que cos pementos de Padrón: probounos demasiado tarde, e agora non da recuperados todos os anos que pasou sen gozar de tan prezado manxar. E para intentar evitar que isto lle pase a máis xente, decide montar un espectáculo demoledor, aínda que sempre desde a óptica da comedia,no que non deixa dúbidas de que o galego é unha das mellores armas que temos para camiñar pola vida. E que como todas as armas, hai que saber manexar canto antes, non vaia ser que nos manquemos con ela, ou non a utilicemos con destreza cando sexa necesario.
Elenco
Pepo Suevos
Ficha artística
Ficha técnica
NORMAS
- Non está permitida a venda de entradas con pago en efectivo
- Unha vez finalizado o proceso de compra de entradas é necesario descargar o QR de acceso á función
- As entradas deberán adquirirse mediante esta taquilla online
- A apertura das portas e validación das entradas farase media hora antes do comezo da función (recorde descargar o QR de cada entrada)
- Todo o público que entre na sala deberá acceder con entrada/invitación
- As portas pecharanse pasados 5 minutos do comezo da función, e xa non estará permitido o acceso