Canto Conto !

Data 18 Maio 2025
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 5€
Entradas dispoñibles 200

Público Familiar
Idade recomendada 
Idioma Galego
Duración  45 min

Sinopse

Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.

Espectáculo especialmente deseñado para o público mais novo!

Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.

Desfruta aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.

O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.

Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En Canto conto! o xogo co público é fundamental.

Prepárate para unha experiencia única onde a música, o teatro, a manipulación de obxectos e o humor combínanse nun espectáculo versátil e adaptable a calquera espazo.

Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo mais ecolóxico e consciente!

Elenco

Iván López

Brais Iriarte

Ficha artística

Locucións Maika Aguado

Dramaturxia e dirección  Iván Davila e Brais Iriarte

Composición e produción musical Brais Iriarte

Ficha técnica

Estudio de gravación das locucións: La luthería

Espazo escénico e escenografía: Noa Iriarte

Iluminación: Javi Quintana
Técnico de son: Chucho González

Axudante de escenografía: Lucía Sánchez López

Equipo de produción:  Brais Iriarte, Iván Davila e Crémilo

Deseño de cartel e deseño gráfico: Brais Iriarte e Lucía Sánchez

NORMAS