A Panadeira

Data 20 Outubro 2024
Hora 19:00 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 3,50 €
Entradas dispoñibles 114

Público Infantil
Idade recomendada
Idioma Galego
Duración 45 min.

Sinopse

Nun pequeno pobo do panadeiro máis famoso decide deixar a súa panadaría para seguir un gran soño: viaxar a París e perfeccionar a arte das baguettes. Antes de partir, deixa o negocio nas mans da súa filla, unha rapaza chea de enerxía, pero sen moita idea de amasar. Non tarda en chegar o desastre: pans queimados, masas desfeitas e unha clientela ao bordo da desesperación.

A súa única axuda é un aprendiz algo despistado pero de bo corazón, xuntos tratan de sacar a panadaría adiante. O que aínda non saben é que a panadaría garda un segredo que cambiará as súas vidas para sempre.

“A Panadeira” é un espectáculo familiar cheo de humor, aventuras e intriga, onde os erros levan a descubrimentos inesperados e a fariña sempre acaba polo aire.

NESTA OBRA ÚSASE FARIÑA DE TRIGO que pode ser espolvoreada para xogar co público. ESA FARIÑA É TODA SEN GLUTE

Elenco

Cecilia Vázquez
Blas Fernández

Ficha artística

Dirección Juan Bas

Ficha técnica

NORMAS