Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefi re estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avóa.
Unha montaxe na que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,…toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
Ficha artística
Autor: Artur Trillo
Dirección: Artur Trillo
Elenco: María Ordóñez e Toño Casais
Ficha técnica
Idioma: Galego
Duración: 50 min
Xénero: #Comedia #Infantil
Idade recomendada: 4 – 9 anos