Soga e cinsa

06

November
6 de Novembro de 2021 21:30 - 23:00 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 6 Novembroás 21:30 h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Prezo 3,50 €
  • Modalidade Teatro: Adulto
  • Xénero: Teatro contemporáneo
  • Duración: 92 minutos

Sinopse

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Ficha ténica

  • Autora: Diana Mera
  • Dirección: Diana Mera
  • Escenografía Montse Piñeiro
  • Deseño son: Francisco Gallardo
  • Deseño iluminación: Montse Piñeiro e Del Ruíz
  • Vestiario: Montse Piñeiro
  • Música: Francisco Gallardo
  • Coreografía: Aporía Escénica

Elenco artístico: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Ángeles Iglesias, Nuria Sotelo, María Tasende