Amosa como se desenvolveu o golpe de Estado de 1936 en Galicia a través da historia de Tirso Gómez Freijido, veciño da Cañiza apresado con María Gómez, a única alcaldesa galega durante a II República. Ela salvou a súa vida pero Tirso foi asasinado con outros republicanos como o mestre Antonio Mojón. Justo Moure ou Jesús Eugenio Pérez. A obra é o resultado dunha investigación auspiciada pola bisneta de
Tirso, Marta Pérez, co-dramaturga e actriz da montaxe, na que tivo un peso especial a correspondencia dos fusilados. “O Péndulo” permítenos amosar como a xeración bisneta bota luz sobre o que non pode ficar no escuro.
Este espectáculo forma parte do Ciclo de teatro “Barracas” da Deputación de Pontevedra