16 de Outubro de 2021 21:30 - 22:30 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
Data e hora 16 Outubro ás 21:30 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 3,50 €
Modalidade Teatro: Adultos
Sinopse
Nunha abafante tarde de verán, Kendra e Bea pasan o tempo na procura de peixes. Seis anos despois de comezar a súa relación, as tensións e as paixóns estoupan cando a parella enfrontase as infidelidades pasadas, aos cambios de vida e a loitas laborais. Cando o motor da súa lancha rompe e as deixa varadas en augas abertas, baixo os ceos escuros, a parella vese obrigada a loitar coa crecente distancia entre elas e decidir cara onde irá a súa vida en común.
Todo o tempo xuntas nun bote de pesca, decididas a reforzar o vínculo que as une e coa esperanza dunha relación romántica que poida facer que os seus mundos non se sintan incompletos. Unha loita entre a honestidade e o amor na que se subliña a vulnerabilidade e o egoísmo dunha relación que tenta sobrevivir no abismo.
Ficha artística
AUTOR: Audrey Cefaly REPARTO: Alba Outeda e Raquel Ferraz DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN: Javier Lojo ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: Vanesa Regengo TRADUCIÓN: Raquel González ASESORAMENTO TÉCNICO: Diego Rodríguez DESEÑO GRÁFICO: La Ceja – Agencia de Comunicación PRODUCIÓN: Señora Supina COLABORA: Concello de Gondomar