13 de Novembro de 2021 21:30 - 23:00 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
Data e hora 13 Novembro 21:30 h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo : 2,5 €
Modalidade Teatro: Todos os públicos
Duración: 90 minutos
Sinopse
La Bohème, obra mestra do xenio Lucca Giacomo Puccini, con libreto de L. Illica e G. Giacosa e parte da triloxía destes tres grandes mestres xunto con “Madama Butterfly” e “Tosca”.
Unha ópera en catro actos inspirada na novela do escritor Henri Muguer, “Scènes de la vie de Bohème”; estreouse no Teatro Regio de Milán o 1 de febreiro de 1896, baixo a batuta de Arturo Toscanini.
Toda a ópera ten lugar no bohemio barrio latino de París en 1830 e reflicte a relación dun grupo de novos artistas e a historia de amor entre Rodolfo e Mimi en paralelo co romance entre Mussetta e Marcello, envolvendo ao público nun ambiente romántico que remata tráxicamente.coa morte de Mimi.
La Bohème acadou un éxito que se estendeu vertixinosamente e mantívose firme ao longo dos séculos ata converterse nun dos títulos máis exitosos e representados da historia.