Hotel Europa

30

April
30 de Abril de 2022 21:00 - 22:00 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 30 Abril ás 21:00 h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Modalidade Teatro: todos os públicos
  • Prezo 3,5 €

Benvidos ao HOTEL EUROPA, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.

O centenario Europa está a piques de desaparecer por mor da especulación, a crise e o turismo masificado. A variopinta clientela e os traballadores loitarán por manter vivo ao Hotel con máis historia de Galicia nunha comedia disparatada e moi petarda.

HOTEL EUROPA é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices e un actor que interpretarán a unha morea de personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do Hotel.

AUTOR: Ernesto Is
REPARTO: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Javier Lojo. DIRECCIÓN: Javier Lojo
ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: Vanesa Regengo
DESEÑO DE VESTIARIO E CARACTERIZACIÓN: Raquel Crespo
DESEÑO GRÁFICO: La Ceja – Agencia de comunicación
PRODUCE: Señora Supina