A familia real

13

March
13 de Marzo de 2022 20:00 - 21:00 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 13 Marzo 20:00 h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Modalidade Teatro: Todos os públicos
  • Prezo 3,5 €

Sinopse

A FAMILIA REAL é unha coprodución entre Aporía Escénica, dirixida por Diana Mera e Olivas negras, dirixida por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez. Tres mulleres creadoras e empresarias da escena, formadas na ESADg, que decidiron entrecruzar os seus caminos artísticos e unir forzas nun novo proxecto teatral, motivadas pola necesidade de interaccionar cos seus fillos e fillas en escena.

¿Como cambia a nosa vida cando chega un novo ser a ela? Corréspondense a realidade co imaxinado previamente? Ata que punto nos transforma e nos enriquece formar unha familia?

Cales son as dificultades, os desafíos, ¿as crises que se nos presentan como nais e pais nunha sociedade complexa como a contemporánea? ¿Como compaxinamos a itinerancia e inestabilidade das artes escénicas coas esixencias da crianza? ¿Estamos preparadas para asumir todos os retos e imprevistos con creatividade?

  • Dirección e Dramaturxia: Diana Mera
  • Textos: Creación Colectiva
  • Xestión e Loxística: Sonsoles Cordón
  • Nais e Pais: Sonsoles Cordón, Francisco Gallardo, Diana Mera, Vicente Mohedano, Cecilia Vázquez, Beatriz de Vega Fillas e Fillos: Catalina Scillia, Gianluca Cordón, Ashael Gallardo Mera, Ginevra Nortes Vázquez
  • Canguro en Escena: María Tasende
  • Música Orixinal: Francisco Gallardo
  • Espazo: Beatriz de Vega, Diana Mera, Cecilia Vázquez
  • Iluminación: Beatriz de Vega
  • Audiovisual: Pío Cribeiro
  • Fotografía: Janite Lafuente, Sabel Sabín
  • Vestiario: Cecilia Vázquez
  • Deseño Gráfico: Cecilia Vázquez, Estefanía Vázquez