e

CIRCO – “Esencial” Vaiven circo

27

August
27 de Agosto de 2021 21:00 - 22:00 Praza Paradela, Gondomar

Data: 27 agosto
Hora: 21 h
Lugar: Praza Paradela
Aforo limitado: 150 persoas

ESENCIAL é un espectáculo que fala de transicións.
Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares remotos onde a decisión vital será tomar o camiño máis sinxelo.
Este novo espectáculo de Vaivén Circo preséntase cunha posta en escena inspirada no “Waldorf Rainbow”, un xoguete composto por piares e arcos que proporcionan unha escenografía espectacular. Estamos ante unha arquitectura cambiante capaz de reinventarse, como fai o propio ser humano na procura da súa progreso. Unha escenografía con matices poéticos, ideal para crear un ambiente máxico no que traballar co equilibrio, con sutís diferenzas que che poden facer pasar do caos á harmonía en poucos segundos.
Queremos escapar do colapso que sofren os seres humanos ante situacións desordenadas, que non entenden. Neses momentos nos que non sabemos atopar explicacións e lonxe de engadir máis complexidade, intentamos buscar o esencial. Agarrámonos ao ideal de beleza e sinxeleza como inspiración principal cando abordamos a estética do espectáculo. Menos é máis.
Nesta ocasión Premio Nacional de Circo Miguel Moreno “Bolo” 2016, conta con Javier Parra na dirección, e colaboración na posta en escena de Jokin Oregi, Premio Nacional de Teatro Infantil e Xuvenil 2018 coa súa compañía Marie de Jongh.

NORMAS

– Área definida con control de acceso
– Máscara obrigatoria
– Prohibido comer, beber e fumar na área delimitada
– Xel hidroalcohólico na entrada
Entrada non transferible a outra persoa
– Non está permitido facer acopio de entradas. Só está permitido 1 entrada por persoa.
– As entradas que non se validen 15 minutos despois do inicio do concerto poderán ser canceladas e postas de novo a disposición do público ata compeltar aforo.

ENTRADAS ESGOTADAS

PODEN ACHEGARSE Á TAQUILLA NO DIA DO EVENTO, se hai aforo libre permitirase o acceso a quen o solicite.

Se non podes acudir ao concerto e tes reservadas entradas por favor contacta con nós por WhatsApp

EVENTO PREZO Uds COMPRAR