e

Despois das ondas

10

April
10 de Abril de 2021 20:00 - 21:20 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 10 Abril 2021 ás 20h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Prezo 3,50 €

Sinopse

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

EN ESCENA  Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
ESPACIO ESCENICO Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
TALLER E CONSTRUCCIÓN José Faro “Coti”
VESTIARIO Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN   Javier Quintana
CINEMA EN DIRECTO   Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA  Ernesto Is
GUIÓN ADAPTADO Xavier Castiñeira e Ernesto Is
DESEÑO GRÁFICO Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing
PRODUCCIÓN Esther F. Carrodeguas
AXUDANTE DE DIRECCIÓN  Ernesto Is
DIRECCIÓN  Xavier Castiñeira

Unha produción da Deputación da Coruña e ButacaZero.
Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.

 

[tc_seat_chart id=”5406″ show_legend=”true” button_title=”Elixe os asentos” subtotal_title=”Subtotal” cart_title=”Pagar”]