“Urxe vivir a propósito, como só os soñadores viven!”
C U B O é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. Oespectáculo ten orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación deconfinamento que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade dedescubrir o mundo e a aventura de medrar. C U B O é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual.
En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por MaríaTorres e Gonçalo Guerreiro. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de quequeren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais nomomento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Un quere viaxar cara unlado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que soluciónatoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?
“Apetece caer pra riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo… e saltar á primeira paisaxe!”
Compañía: Elefante Elegante
Xénero: teatro
Creación: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Texto: Tiago Alves Costa
Dirección e escenografía: Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores: Pablo Sánchez
Estructura escenográfica: Carolo Losada
Deseño de iluminación: Nacho Martín
Vestiario: Carolina Díguele
Música: Miguel Paz e Manuel Fonte
Elenco artístico: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Idioma: galego
Idade recomendada: + 3 anos
Duración: 45 minutos