e

CIRCO “Orquesta de malabares”

29

August
29 de Agosto de 2021 21:00 - 22:30 Praza Paradela, Gondomar

Data: 29 agosto
Hora: 21:00 h
Lugar: Praza Paradela
Aforo limitado: 150 persoas

PISTACATRO presenta o seu novo espectáculo “Orquestra de Malabares”, un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no eido escénico en Galicia. Aunando os dous mundos nun mesmo escenario coma son o CIRCO e a MÚSICA da man de 6 malabaristas e unha treintena de músicos que conforman a Agrupación Musical de Vincios. Tradición e Innovación unidos nun mesmo proxecto único en todo o Estado e pioneiro. Á semellanza do fume, o circo, na súa evolución xeométrica cara o futuro, penetra por todas as portas, ventás e fendas do panorama escénico. Neste caso ocupa os espazos baleiros entres os atrís e as cadeiras dos músicos dunha banda municipal. Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo. A banda municipal e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común. En definitiva, este é un espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistráis obras clásicas pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

Intérpretes: Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Aitor Garuz, Guillermo Porta, Santiago Montero.
Cover: Xampi
Dirección: Pablo Reboleiro
Dirección Musical: Manuel Paino
Produción: Belém Brandido, José Expósito
Axudante de Dirección: Diego Anido Coreografias
Malabares: Dani Fausto
Deseño de Vestiario: Uxia Vaello
Apoio Dramaturxia: Marcos Carballido
Sastra: María Villas con Maravillas Atelier
Deseño Imaxe: Juan Gallego
Fotografia: Rubén Vilanova
Vídeo: Tamboura Films
Comunicación: Pistacatro Productora de Soños S.L.
Distribución: Belem Brandido.  Pistacatro Productora de Soños S.L.

NORMAS

– Área definida con control de acceso
– Máscara obrigatoria
– Prohibido comer, beber e fumar na área delimitada
– Xel hidroalcohólico na entrada
Entrada non transferible a outra persoa
– Non está permitido facer acopio de entradas. Só está permitido 1 entrada por persoa.
– As entradas que non se validen 15 minutos despois do inicio do concerto poderán ser canceladas e postas de novo a disposición do público ata compeltar aforo.

ENTRADAS ESGOTADAS

PODEN ACHEGARSE Á TAQUILLA NO DIA DO EVENTO, se hai aforo libre permitirase o acceso a quen o solicite.

Se non podes acudir ao concerto e tes reservadas entradas por favor contacta con nós por WhatsApp

Ticket Type Price Uds Cart