É unha obra sobre a emigración, unha suposición de acontecementos, un xogo teatral onde os personaxes sobreviven no medio da escaseza e a miseria tanto económica, como humana.
A acción sitúase en Arxentina, nunha época de necesidades e de supervivencia. En ton de humor ás veces e de melodrama outras, adentrámonos na vida de oito personaxes que mostran a difícil situación que atravesan lonxe da súa terra natal.
Elenco: Puri Losada – Tita Dopazo – Carmen Estévez – Ana Belén Presas – Mónica Cabreira – Leonor Méndez – Julio Acevedo – Roni Delgado
Dirección e Dramaturxia: Lola Correa
É a continuación de: Quen dixo medo? Anos máis tarde, as fillas e netas volverán para vingar ás súas antecesoras, pero a vinganza non é o mellor camiño. Redes sociais, xogos macabros e decisións adversas complican aos personaxes. En clave de thriller, de terror xuvenil, chegarán ao fondo da cuestión.
Elenco: Sofía Díaz – Mariam Valverde – Antía Ucha – Laura Méndez – Uxía Cea e a colaboración especial de Mónica Cabreira e Leonor Méndez
Dirección e Dramaturxia: Lola Correa
As dúas propostas teatrais nacen do traballo na aula e son o resultado de meses de traballo e ensaio. Única oportunidade para ver aos dous grupos xuntos. Apértense os cintos que despegamos!