Animal Sagrado

23

October
23 de Outubro de 2021 19:00 - 20:00 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 23 Outubro ás 19:00 h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Prezo 2,50 €
  • Modalidade Teatro: Infantil

Sinopse

LEMBRA QUE TI TAMÉN TES ALMA DE ANIMAL A partires desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade. Animal sagrado, procura traer á actualidade ese amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: O gato en Exipcio, o elefante en África e os peixes Koi en xapón. Preténdese, desta maneira, establecer un nexo de unión entre a historia pasada e a historia presente, trazando un arco que transite desde o cercano e cotián ata lonxano e exótico; desde problemáticas da sociedade actual, como os gatos negros nos refuxios de animais e a caza masiva de elefantes, ata as lendas milenarias de xapón e a cultura do Antigo Exipto.

 

Ficha artística

Espectáculo Infantil

Actor Protagonista : Fran Lareu

Actriz Protagonista : Diana Mera

Vestiario : Cristóbal Vidal

Iluminación : Javier Quintana

Escenografía : José Faro “Coti”

Texto Orixinal : Diana Mera

Dirección : Diana Mera

Espectáculo Infantil : Animal Sagrado