A peste

22

January
22 de Xaneiro de 2022 18:00 - 23:45 CDG Santiago de Compostela

Data 22 Xaneiro
Hora Saída: 18h:
Lugar de saída: Estación de autobuses de Gondomar
Hora de regreso: 00 h
Prezo entrada 6€
Aforo máximo – 50 Persoas
OBRIGATORIO PRESENTAR CERTIFICADO COVID

Por segunda ocasión Gondomar e o Centro Dramático Galego (CDG) colaborarán cun único obxectivo: promover o achegamento do público ás novas producións do panorama escénico galego e facilitar o seu acceso a maior parte da xente interesada.

O programa “Subes ao autobús do teatro?” chega de novo a Gondomar para nesta ocasión facilitarlle as cousas a quen quera asistir a obra que hai en cartel e que se representa nos escenarios do CDG en Santiago: “A peste”, a versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra do Albert Camus coa que se reflexiona sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

“Non é doado para todos ou todas aos que lles gusta o teatro ou queren descubrilo desprazarse ata Santiago, tendo en conta ademáis o custo económico que supón”, sinala o edil de cultura Juan Bas, quen explica “que grazas á colaboración entre o goberno local e o CDG facilitaremos o transporte e unha rebaixa no prezo das entradas”.

A cooperación entre ambas as institucións concrétase no frete dun autobús -con capacidade para 50 personas- que cubrirá o traslado de ida e volta ata Santiago o vindeiro
día 22 de xaneiro para asistir a representación de nova obra de Cándido Pazó, estreada dous días antes. También beneficiaránse dun precio reducido na entrada (6 euros persoa).

 

Tipo de entradaPriceUdsCarriño