Historia dun compositor obsesionado coa música. Tal é a súa obsesión que quede facer unha obra musical “perfecta”, como a música do personaxe mitolóxico Orfeo, a cal se dicía que era tan perfecta que podía amansar ás bestas. Para compoñer esta peza ten como axudante á inspiración, ou como se fai chamar: “a musa”, a que lle fará ver outra pers- pectiva da música, quitándolle esa obsesión de perfección da cabeza.
O compositor vai probando co espectador a súa obra a través da harmonía, a melodía, o silencio, o ritmo e a intensidade. Pouco a pouco vai descubrindo a importancia que teñen estes elemen- tos musicais na sociedade, e trocando esa idea inicial de amansar pola de facer unha obra para reflexionar.