A lingua das bolboretas

09

October
9 de Outubro de 2021 21:30 - 22:30 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 9 Outubro ás 21:30 h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Prezo 3,50 €
  • Modalidade Teatro: Adultos

Sinopse

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.
O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.
Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) con ese equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica. O resultado emocionou ao autor o día da estrea.”Eu quería moito a aquel mestre, confesa Moncho. Ao principio, os meus pais non podían crelo.

Ficha artística

Dirección e dramaturxia GONÇALO GUERREIRO

Versión FERNANDO DACOSTA

Elenco

ELENA SEIJO,
JOSITO PORTO / CÉSAR GOLDI,
FERNANDO DACOSTA,
FRAN LAREU
SABELA GAGO
FINA CALLEJA

Premios

4 premios Maria casares 2021 a mellor espectáculo, dirección, actor secundario, adaptación-traducción