e

32 m2

09

May
9 de Maio de 2021 20:00 - 21:00 Auditorio Lois Tobío, Gondomar
  • Data e hora 9 Maio 2021 ás 20h
  • Lugar Auditorio Lois Tobío
  • Prezo 3,50 €
  • Teatro Adultos

Sinopse

O confinamento a escena

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

EN ESCENA | Xurxo Cortázar e Nuria Gullón
TEXTO | Esther F. Carrodeguas
MÚSICA ORIXINAL | Rodrigo Cuevas
ESCENOGRAFÍA E LUZ | Beatriz de Vega
CONSTRUCIÓN | José Faro “Coti”
VESTIARIO | Alicia Root
COREOGRAFÍA | Beba Gayoso
AX. DIRECCIÓN | Anxo Outumuro
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN |  Esther F. Carrodeguas
DIRECCIÓN |  Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira
[tc_seat_chart id=”6102″ show_legend=”true” button_title=”Elixe os asentos” subtotal_title=”Subtotal” cart_title=”Pagar”]