Trapalladas ben feitas…por 2 ilusionistas

14/04/2024 19:00 Auditorio Lois Tobío

Sinopse

Trapalladas e sorpresas a dúo dende outra dimensión.

A arte da transformación da realidade contada dun xeito visual moi especial: cachifallos e chilindradas máxicas, sumado a gargalladas de combustible, desembocan en 2 ilusionistas con moito aquel.