31/10/2023
En
Tilintilonia
05/11/2023 18:00 Auditorio Lois Tobío
TILINTILONIA é un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións. Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convírtense en elementos de xogo. Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos. Visualmente entramos nun mundo de ensoñación grazas as teas, e ao que estas suxiren, son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e nos acubillan coma a terra.