Peter Punk – Peor imposible
É o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo.
Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.
O seu particular “Chungo que te cagas!” é o “Máis difícil aínda!” do circo clásico. Este é o espectáculo máis universal e todoterreo, perfecto para calqueira tipo de espacio e público.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK”
- Nome do espectáculo : CHUNGO QUE TE CAGAS
- Modalidade artística : Circo, malabares, humor, clown
- Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : espazo exterior e interior
PREMIO DO PÚBLICO MUNDOCLOWN 2008 (Vigo, Galicia)