Outrora nós

18/11/2022 21:00

Data Venres 18 Novembro 2022
Hora 21:00h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 2.5€

Público Adulto
Idioma Galego
Duración 70 mins

Sinopse

Segundo a Real Academia Galega:
“Outrora” adverbio
1. Hai tempo, antes.
2. Noutro momento.

Catro novos, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seriamos nós outrora nós?

O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados fórmanos, confórmanos ou nos deforma.

Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.

OUTRORA NÓS é un espectáculo que bebe da dramaturxia da obra gañadora do primeiro premio de teatro no Xuventude Crea 2021: “Agro 5G”. Esta peza é unha nova adaptación desta última nomeada e xira entorno a unha temática universal e sempre moi controvertida como é a insaciable búsqueda do amor. Nesta obra o auxe dos delitos de odio, a violencia contra o disidente, o distinto…; compoñen o impulso motor para volver á historia, á tradición, á memoria e saber se somos quen de aprender algo, xa que só cuestionandonos de onde vimos poderemos afastarnos de cometer os mesmo erros. Pasado e presente mestúranse nunha poética xestual onde a paisaxe sonora sitúase no centro da peza para envolvernos en sons doutros tempos desvanecendo os límites entre o aquí e o agora

 

Ficha artística

Compañía Mevadeus
Xénero teatro xestual
Autoría Mevadeus
Dirección Alba Rodríguez Villar
Coreografía Mevadeus
Escenografía e deseño de iluminación Las dos en punto
Deseño de son Brais Pombo, Inés Santos, Mara Neira e Bal Castro
Vestiario As dúas en punto
Música Mevadeus
Elenco artístico Bal Castro, Mara Neira, Inés Santos e Brais Pombo