17/10/2022
En
BACKUP A Resurrección de NUNO
19/11/2022 21:00 Auditorio Lois Tobío
BACKUP (A resurrección de Nuno) é unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da ciencia ficción pero que sen embargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade.
Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quen de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidades?