e

Condicións legais COVID19

Ao realizar a compra de entradas acepta o tratamento dos seus datos, informándolle según o Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril 2016 ( RGPD) e Lei Orgánica de Protección de Datos e garantía de dereitos dixitais, 3/2018 ( LOPDGDD), que o Concello de Gondomar é o responsable do tratamento dos seus datos persoais coa finalidade do seguimento, vixilancia e control epidemiolóxico do COVID-19 para previr e evitar situacións excepcionais de especial gravidade, atendendo a razóns de interese público esencial no ámbito específico da saúde pública, na asistencia a actos culturais promovidos polo Responsable.

A base legal para o tratamento dos seus datos persoais é o seu consentimento na execución da presente relación contractual ou precontractual establecida, o art. 27 da Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, art. 6.1 e) do RGPD, por unha misión de interese público ou exercicio de poderes públicos. Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal ou por interese vital das persoas.

Asístenlle os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, portabilidad e limitación que poderá exercer nas nosas oficinas ou no email: rexistroxeral@concellodegondomar.gal. Dispón da información adicional e detallada sobre Protección de Datos na web do Concello de Gondomar https://concellodegondomar.gal/es/contacta/politica-de-privacidad